Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Bandoleirismo

A outra cara da comarca foi o fenómeno do bandoleirismo, especialmente na primeira metade do século XIX. Segundo a estudiosa Beatriz López Morán é a partir de 1818 cando se constata a existencia dunha primeira partida de bandoleiros que operaban por Ortigueira: a Gavilla dos Somozas.

Este grupo, formado por unhas 60 persoas, tiña por campo de actuación as comarcas de Somozas, Viveiro e a terra do Ortegal. A gavilla -da que formaba parte un clan familiar- foi moi perseguida. Algúns dos seus integrantes morreron fusilados.

Ademais deste grupo, había outros que efectuaban roubos en San Claudio do Sor, Insua, Devesos ou nas reitorais de Loiba, Couzadoiro, Landoi, A Pedra ou no priorato das Negradas en Mañón. A finais de século foi moi coñecido Mamede Casanova, oriundo das Grañas do Sor. As súas aventuras serían posteriormente narradas polo mesmísimo Valle-Inclán.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA