Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Ortigueira divídese en dous

O Decreto de segregación aprobado pola Xunta de Galicia en xaneiro de 1988 dividiu en dous municipios o primixenio señorío de Ortigueira. Coa escisión do concello de Cariño –integrado polas parroquias de Cariño, A Pedra, Landoi, Sismundi e Feás- dábase fin a unha reivindicación presente durante dous séculos. Como froito desta división Ortigueira pasou de ter 16.000 a 10.000 habitantes.

A pesar da segregación municipal o espírito de comunidade de Ortegal segue estando presente abranguendo os concellos de Ortigueira, Cariño, e tamén o de Mañón. Esta unidade non se atopa nas delimitacións xeográficas nin administrativas, senón nuns mesmos costumes. En actividades e hábitos cimentados e traballados polas súas xentes día tras día na terra, ao longo de séculos de historia.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA