Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Principais actividades do Concello

No ano 1895 creouse unha Aduana de cuarta clase da que dependían os portos de Cedeira, Cariño, Espasante, Bares e O Barqueiro. O comercio portuario estaba moi localizado polos portos próximos. As principais entradas correspondíanse con produtos como o sal, cal vivo e cemento, fariña, trigo ou millo. Saían dende a nosa terra madeira, leña de toxo, peixe en salmoeira ou ferro fundido.

Durante o século XIX as principais actividades dos habitantes do Concello concentrábanse maioritariamente no sector primario. Malia elo, existían tamén outro tipo de producións máis elaboradas. En case todas as aldeas había teares primitivos, adicados sobre todo á confección de liño ou á realización de picotes ou fortes lenzos de la. Tamén había ferraxerías, fábricas de queixos e manteiga para o consumo local e muíños fariñeiros.

A comarca é rica en recursos mineiros. A mina máis emblemática é a de níquel, na Capelada, que comezou a ser explotada no século XIX. Cando faltaba pouco para o remate da centuria iniciouse a explotación de minas de ferro en Espasante e Loiba, aínda que sen moi bos resultados.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA