Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Actividade mercantil

No municipio celebrábanse varias feiras e un mercado de abastos. Este comezou a celebrarse no ano 1842, todos os xoves e días festivos do ano. As elevadas cargas que se estipulaban provocaron que desaparecera aos tres meses da súa posta en marcha.

En 1846 constituiuse de novo. A partir de entón comezou concentrar a venda de todo tipo de comestibles, gran, liño, fiados e gando menor. A extensión do mercado aos domingos motivou a afluencia dun maior número de persoas procedentes dos arredores.

As feiras, que tiñan lugar nas parroquias máis populosas do Concello –Loiba, San Claudio e Espasante-, celebrábanse preferentemente os domingos. En Loiba tiña lugar o primeiro domingo de cada mes na capela dedicada a Santo Andrés, onde tamén se escoitaba misa. Ademais existían feiras especializadas de carácter anual como a do 25 de abril en Senra –de animais- ou a do 11 de novembro en Santa Marta –ovellas-.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA