Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Asociacionismo

No ano 1928 nacía a asociación Naturais de Ortigueira na Habana. Actualmente conta con 7.200 socios, aínda que chegou a agrupar arredor de 20.000 persoas.

A entidade, que dispón dun dos panteóns máis coñecidos da Habana, chamouse orixinariamente Sociedad de Beneficencia Naturales de Ortigueira e foi fundada por Antonio Couzo García, veciño da parroquia de Santo Adrián de Veiga.

Como consecuencia da emigración cubana cara Florida arredor de 1950, creouse en Miami unha asociación irmá da anterior. Naturais de Ortigueira en Miami conta na actualidade con 700 asociados. A entidade dispón dun edificio con salón de sesións e cafetería, entre outras dependencias.

Ambos colectivos están incluídos na relación de asociacións do municipio e son beneficiarias das subvencións que cada ano resolve o departamento de Cultura.




© CONCELLO DE ORTIGUEIRA