Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Século XVI: Os comezos

Entre os séculos XVI e XVII comezou a agromar unha certa sensibilidade municipal en materia de ensino público. Esta preocupación fíxose notar especialmente a partires do reinado de Felipe II.

Santa Marta e as parroquias da súa xurisdición carecían de escolas públicas. Só consta a existencia dalgún mestre que compatibilizaba esta profesión con algún outro traballo que lle deparase ingresos.

No século XVII existiron algúns mestres nas parroquias de Ladrido, Espasante, San Claudio ou Couzadoiro. Tamén se ocupaban do ensino os freires do convento, algúns escribáns e os curas. Con todo, é preciso agardar ao Século das Luces para que este ensino se faga oficial. O atraso era tal que nestas datas as mulleres –agás aquelas que tomaban os hábitos- tiñan practicamente vetada a aprendizaxe da escritura.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA