Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Economía

Arredor do século XV a actividade económica de Ortigueira centrábase no sector primario, destacando especialmente a agricultura e a gandería. No XVII a chegada dos cataláns favoreceu a implantación das industrias da conserva e a salmoeira do peixe, o que abriu novas posibilidades de comercio descoñecidas ata o momento.

De antigo vén tamén a actividade mercantil desenvolvida no municipio, onde se celebraban varias feiras –algunhas delas especializadas- e un mercado de abastos. O comercio portuario, as minas de níquel e ferro e algunhas fábricas primitivas complementaron estas transaccións durante o século XIX.

Con todo, o crecemento económico da comarca víase freado pola carencia de infraestruturas en materia de comunicacións. Así, impulsouse a creación da liña férrea. Esta non entraría en funcionamento ata os anos 60 do século XX, cen anos despois de que comezaran a construírse as primeiras estradas da zona.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA