Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Ensino

A preocupación polo ensino comezou a agromar en Ortigueira entre os séculos XVI e XVII. Malia que nesta etapa non existían aínda colexios, xa había algúns mestres que compatibilizaban esta tarefa con outras profesións lles deparasen ingresos.

As primeira escola no aparecería ata o século XVIII, cando Carlos III ordeou a súa construción. Uniríanselle despois outras nas diferentes parroquias, que serían substituídas polas que se ergueron gracias aos cartos dos indianos, xa no século XIX.

O ensino pasaría a ser obrigatorio no ano 1857. Case dez anos máis tarde existían no Partido Xudicial de Ortigueira 28 escolas atendidas por outros tantos mestres.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA