Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

A Idade Media

Ao longo da Idade Media a comarca do Ortegal estivo marcada polas invasións bárbaras e o posterior proceso de cristianización. Entre os séculos VIII e X fundáronse nestas terras numerosas igrexas, incrementándose así a poboación da zona.

Na Baixa Idade Media Ortigueira acadou o título de Vila e unha serie de privilexios que lle foron outorgados por Alfonso X. O porto, as murallas defensivas ou os almacéns de sal supuxeron un importante pulo. Ademais, o Rei Sabio concederíalle á Vila o privilexio de manter relacións comerciais co estranxeiro. O porto de Ortigueira convertíase así nun importante punto de intercambio comercial e cultural.

Desta época quedou en Ortigueira a fortaleza de Santa Marta. Ocupando o lugar que hoxe coñecemos como Campo da Torre, acolleu en diferentes etapas a residencia do gobernador ou un importante cárcere. As súas pedras empregáronse ao longo dos séculos para a construción do convento, o muíño de vento e mesmo vivendas particulares... Hoxe, tralo completo espolio, só queda o seu recordo.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA