Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Nacemento do Concello

A comezos do século XIX o condado de Ortigueira pertencía á desaparecida provincia de Betanzos. Este señorío dos Marqueses de Astorga comprendía os terreos que hoxe ocupan Ortigueira, Cariño e Mañón.

A reorganización administrativa de 1836 conlevou que o territorio se dividira en cinco municipios diferenciados. Catro deles volverían unirse en 1849 para formar o de Ortigueira. Mañón é dende entón un concello independente. A última modificación neste senso produciuse no ano 1988, coa segregación do concello de Cariño.

Nas parroquias que conforman o Concello apreciouse un importante crecemento demográfico durante os séculos XVII e XVIII. Construironse en cada unha delas igrexas e ermidas que facilitaran o culto a pequenos grupos de veciños. Algunhas delas, de valor artístico e arquitectónico, aínda poden visitarse na actualidade.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA