Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Pegada Relixiosa

A historia do concello de Ortigueira está estreitamente vencellada á relixión. A construción do convento de Santo Domingo, que comezara no ano 1302, converteu a Vila nun punto de paso e encontro, así como de intercambios comerciais.

Este conxunto conventual sufriu diversas modificacións e ampliacións ao longo da súa historia. Hoxe en día, as súas dependencias acollen diversas instalacións municipais, como a Casa do Concello ou o Teatro da Beneficencia.

A pegada relixiosa está tamén presente por medio do camiño de Santiago. A rota xacobea do norte percorre as terras da comarca dende o século XII, sendo o propio convento de Santo Domingo parada sinalada dos camiñantes. Como complemento ás axudas que nel se lle prestaban aos peregrinos creáronse varios hospitais como os de San Roque e A Magdalena.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA