Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Século XIX

Ao longo do século XIX foron varios os acontecementos que marcaron a evolución de Ortigueira. A Guerra da Independencia fíxose notar na comarca, que se viu na obriga de acoller as tropas francesas. Neste mesmo período destacou asemade o fenómeno do bandoleirismo.

Coa chegada da Restauración florecería a prensa ortegana. Así, entre os anos 1888 e 1916 nacerían cabeceiras como O Faro de Ortegal, Revista Ortegana, El Faro de Veiga ou La Voz de Ortigueira. Foi este último medio un dos apoios do movemento agrarista que xurdiu con forza na comarca a finais do século XIX.

A Vila medraba en aspiracións, en poboación e tamén en superficie habitada. Así, promulgáronse as primeiras normas urbanísticas e realizáronse melloras como a iluminación pública. Nesta etapa tomaron corpo algúns elementos que conforman a imaxe actual de Santa Marta, como o Teatro da Beneficencia ou a Alameda.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA