Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Século XX

O século XX chega a Ortigueira marcado polas constantes melloras en materia de urbanismo e saneamento. Neste período implantaríanse a traída de auga, a rede de sumidoiros ou o pavimentado das rúas.

No que respecta ás infraestruturas, datan desta centuria os portos de Cariño e Espasante, así como a ampliación do de Ortigueira. Asfaltáronse estradas e camiños veciñais e construíronse máis de 100 vivendas acollidas á Obra Sindical do Fogar.

A piques de entrar no século XXI prodúcese un dos acontecementos máis significativos na historia do Concello. No ano 1988 un decreto da Xunta de Galicia dálle luz verde á segregación de Cariño, que pasaría a converterse nun municipio independente.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA