Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

As invasións bárbaras

As invasións bárbaras do século V supuxeron a desaparición do imperio de Occidente, estruturado segundo o modelo romano. Deste período, coñecido como Alta Idade Media, queda en Ortigueira o Castelo do Casón, situado na parroquia de San Adrián de Veiga.

A súa estructura vén definida polos restos dunha construción circular na parte superior. Trátase dunha posible torre medieval defendida por tres liñas de muralla ata o foxo. Considérase que esta fortificación, estratexicamente situada, se empregaba para realizar funcións de vixilancia sobre o contorno da ría de Ortigueira e a Serra da Capelada.

No ano 409 os suevos, vándalos e alanos atravesan o Paso de Roncesvalles na procura de novas riquezas. Tralo pacto asinado entre Roma e os pobos xermanos para o reparto de Hispania, Galicia queda en poder dos suevos, baixo o mandato do rei Hermenico. Neste período a poboación –adicada á agricultura e a gandería- experimentou un crecemento significativo. Moraban baixo unha mestura de poder suevo-romano: dúas relixións -católica e arraiana-, dereito romano e xermánico...



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA