Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Evolución do municipio

O concello de Ortigueira non sufriu importantes altibaixos no que respecta ao seu desenvolvemento económico. Santa Marta artellouse como o núcleo que ofertaba servizos de todo tipo ás poboacións rurais do Ortegal.

Diversos estudos confirman que a Vila viviu o seu período de maior decadencia durante o primeiro tercio do XIX, antes de converterse en concello. Con todo, nos últimos anos do devandito século os recursos achegados polos emigrantes contribuíron ao fortalecemento da súa economía.

Arredor do ano 1900 o alcalde de Ortigueira non era elixido polos votos da corporación, senón directamente pola monarquía. Daquela había 21 postos na corporación local, sendo os cargos máis representativos os de titular de Alcaldía, tres tenentes de alcalde e dous síndicos.

A estrutura institucional chegaba ata as parroquias, existindo en cada unha delas un alcalde pedáneo que actuaba como enlace oficial do Concello.

A política de Ortigueira ten durante esta etapa un referente imprescindible no Casino Ortegano. Creado en febreiro de 1902, as súas dependencias foron testemuño de decisións que influíron na dirección do Concello e da comarca. Como alternativa a este casino de talante conservador creouse tamén o Nuevo Club.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA