Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Parroquias

Durante os séculos XVII e XVIII apreciouse nas parroquias unha explosión demográfica propiciada ao longo do XVI. As freguesías estaban baixo a xurisdición eclesiástica dependente do cabildo de Mondoñedo.

Algunhas parroquias tiñan os seus dereitos de presentación eclesiástica. No seu día fóranlles cedidos a familias que chegaran a acordos económicos e materiais coa Igrexa de Mondoñedo. Mediante estes pactos a Igrexia cedíalles ás familias o dereito de nomear os curas que elixiran.

Tal circunstancia propiciou que algunhas destas familias situaran os seus descendentes na órbita de igrexa. Estes, despois de recibir formación sacerdotal, pasaban a ser titulares dalgunha parroquia.

Nas parroquias, ademais da igrexa, había unha ou varias capelas fundadas dentro desta. Ademais existían ermidas construídas en lugares que facilitaran o culto de pequenos grupos de veciños. Algunhas destas ermidas verían nacer despois un barrio, como no caso de Santo Antón de Espasante. Outra foi a de Gonçalve en Devesos, sobre a que despois se edificaría a nova parroquia das Neves.

En Devesos contabilízanse catro ou cinco ermidas. En San Claudio, a de Santiago –s. XV-, a da Asunción e San Juan Bautista –s. XVII-, ademais da de San Carlos Borromeo e a de Barreiros da Riba –s. XVIII-. O mesmo acontecería en Loiba coa de San Andrés e a do Carme en Soutomaior, que nacerían ao mellorar o barrio. En Senra coñécense as de Sáa, San Salvador de Borreiros e a Santiña. En Feás a de San Roque. En Santiago de Mera a da Santiña. En Insua a de San Miguel no barrio do seu nome, na Pedra a da Concepción e a da Nosa Señora. Por último atopamos a de San Bartolomé, no porto de Cariño.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA