Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Idade do Bronce

Entre finais do ano 4000 a.C e comezos do século IX a.C. comeza a apreciarse en Galicia o descobremento da metalurxia e a arte rupestre. A metalurxia do cobre e do vaso campaniforme aparece entre o 2000 e o 1800 a.C. Posteriormente dá comezo a Idade do Bronce, que remata no IX a.C.

A Época do Bronce Final representa, en toda a área atlántica europea, unha intensa fase de relacións comerciais e de intercambio económico. Estes feitos son consecuencia directa dunha crecente demanda mediterránea de materias primas, especialmente de estaño.

O Bronce Final destaca pola abundancia de achádegos arqueolóxicos metálicos, que aparecen en depósitos ou escondedoiros. Trátase sobre todo de armas como espadas, puñais, puntas de lanza e machados. En Senra atopouse un importante xacemento de machados de talón que completan os antigos restos descubertos no Castro do Campo da Torre de Ortigueira.

Estes descobrementos confirman a existencia dunha poboación do Bronce Final, cunha complexa organización socioeconómica e activas relacións comerciais.

Pode interesarche

Visitas de interese: Centro Arqueolóxico Federico Maciñeira.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA