Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Usos trala desamortización

Parte das estancias do convento de Santo Domingo destínanse a almacén de sal e tabacos, así como oficinas da Facenda Real. O claustro grande pasaría a servir de cárcere. Uns anos máis tarde, en 1839, o convento serviría ademais para aloxar as tropas.

En 1841 o concello amosa interese por adquirilo en propiedade -nese momento está en mans do Estado- para reconvertelo en igrexa parroquial. Conseguiríao un ano máis tarde. O convento xa era propiedade municipal e comezaría a funcionar como igrexa parroquial en 1849.

Dez anos despois, en 1859, comeza o derrubo de parte das instalacións para ampliar o cemiterio. Esta demolición aféctalle á parte máis arruinada do edificio: capela maior, sancristías, capelas colaterais e corpo principal. O resto da construción, coa súa fachada principal e a torre -que sería trasladada á parroquia de San Adrián de Veiga no s. XIX- quedou para capelas do mesmo cemiterio. Na actualidade, un parque ocupa o lugar da vella igrexa parroquial de Santa Marta.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA