Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

O convento de Santo Domingo

En 1302 chegaron a Ortigueira os relixiosos da Orde de Pregadores, fundada por San Domingos de Guzmán, onde ergueron un convento. A construción da antiga igrexa conventual –hoxe desaparecida- comezou contra o ano 1302, e prolongouse ao longo de varias etapas debido a problemas económicos.

Os seus constructores –que se encargaron tamén das capelas- foron membros do denominado taller Lucense II. Posteriormente traballou tamén no convento o mestre Gómez González.

No século XVI continúa a fundación de varias capelas. Algunhas, como a de San Bartolomé, foron melloradas coas contribucións de Francisco Montero e da súa dona María Vieira, da que actualmente se conserva a lápida na capela do Rosario.

Outro benefactor deste convento foi o biscaíño Martín de Basoa, quen custeou a construción da capela, o altar maior e o seu retábulo despois de que se queimasen a mediados do século XVI. A súa sepultura estivo nesa capela ata que no século XVIII foi situada no cruceiro da nave central.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA