Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

    Concellaría de Cultura e Turismo

    A súa titular é María Cruz Sabio Teijeiro.

    O Concello fomenta, dende esta área, o desenvolvemento de diversas actividades en materia cultural e artística, de interese para os seus habitantes. Establécese así unha oferta ampla e estable, destinada ao público de todas as idades, na que figuran as artes escénicas -promoción do Teatro da Beneficencia-, as artes plásticas -Sala de Exposicións do Concello- ou a música -por medio da Escola Municipal de Música de Ortigueira-.

    Prima dentro de todos estes eidos a difusión de espectáculos creados dende unha óptica galega, favorecendo de xeito especial a programación de actividades protagonizadas polas entidades culturais de Ortigueira.

    Dentro das competencias do departamento, que inclúen tamén o eido do turismo, merece unha especial mención a organización do Festival Internacional do Mundo Celta declarado de Interese Turístico Internacional.




    • Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre

      Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre

      A Biblioteca Municipal de Ortigueira ocupa un inmoble de luxo. O antigo escolar de Santa Marta vén de ser completamente rehabilitado e adaptado ás necesidades actuais.
    • A biblioteca dos nenos

      A biblioteca dos nenos

      Se tes menos de catorce anos interésache esta información. A Biblioteca conta cun andar reservado para os teus libros e actividades. Descubre todas as cousas que podes facer nel, ademais de ler...
    • Telecentro e Aula de informática

      Telecentro e Aula de informática

      Na aula municipal de informática impártense anualmente diferentes cursos relacionados co eido das novas tecnoloxías. Poden inscribirse neles as persoas interesadas, sen límite de idade.
    • Escola de Música

      Escola de Música

      A Escola de Música de Ortigueira comezou a súa andaina no ano 2000. Dende entón vén formando nas ensinanzas musicais a alumnos con idades superiores aos catro anos.
    • Turismo

      Turismo

      O Concello promove diversos plans destinados a difundir e poñer en valor o patrimonio ortegán. Entre eles figuran proxectos de sinalización de rotas ou programas de visitas guiadas, camiñadas e traxectos pola Ría.



    © CONCELLO DE ORTIGUEIRA