Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

    Alcaldía

    Ademais de presidir a Xunta de goberno local e asumir a representación do Concello de Ortigueira na relación con outras administracións e institucións, o alcalde Rafael Girón decidiu ocuparse directamente da atención cidadá. Deste xeito, o rexedor garante o contacto permanente cos veciños e veciñas.

    En paralelo, xestiona de maneira persoal, entre outras, as políticas locais de promoción económica, seguridade (Policía Local) e Deportes.

    Girón preside ademais a Fundación Ortegalia e máis o clube de excelencia turística Villas Marineras e ocupa a vicepresidencia da Asociación de desenvolvemento rural Costa Noroeste.


    • Deportes

      Deportes

      Ortigueira dispón dunha completa oferta de instalacións deportivas que abrangue dende pistas de deportes nas parroquias ata piscina climatizada, pistas de pádel e de skate, polideportivo, canchas multideportivas e circuitos biosaudables.
    • Fundación Ortegalia

      Fundación Ortegalia

      A Fundación Ortegalia traballa pola recuperación e promoción do patrimonio da comarca. Ademais de promover estudos e actuacións, xestiona o Museo, auténtico centro de interpretación do Ortegal.
    • Tráfico e aparcadoiros

      Tráfico e aparcadoiros

      O termo municipal de Ortigueira dispón de diversas zonas especialmente habilitadas para o aparcamento. Coñece estas e outras informacións de interese relacionadas coa circulación de vehículos.

    Alcaldía
    Enderezo: Praza de Isabel II s/n
    Teléfono: 981 40 00 00
    Horario de atención ao público: de 8:00 a 15:00 horas.





    © CONCELLO DE ORTIGUEIRA