Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

    Concellaría de Participación Social e Educación, Lecer e Tempo Libre

    A súa titular é Ana María Castro Cornide.

    Este departamento de nova creación ten como principal misión promover e dinamizar os espazos de participación social e de pular o tecido asociativo do municipio, con especial atención ao movemento veciñal.

    Xestiona o Centro de Participación Social no núcleo urbano, concibido para propiciar o encontro das asociación da localidade e facilitar o seu traballo, e nas parroquias, a rede de centros sociais. A posta en valor desta última desenvólvese en colaboración directa coa área delegada de Benestar.

    Ademais, a concellaría asume as competencias e servizos relacionados cos máis pequenos da casa e a mocidade. Dela dependen as actuacións en materia educativa, a organización de actividades extraescolares e de lecer e, finalmente, a Oficina de infomación xuvenil.


    • Ensino

      Ensino

      O Concello dispón de catro centros de ensino público nos que se imparten estudos ordinarios de Ensino Infantil, Primario e Secundario. No IES de Ortigueira desenvólvense varios programas de Garantía Social e Ciclos Formativos.
    • OMIX

      OMIX

      Se tes menos de 25 anos e queres realizar algunha consulta podes dirixirte á Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ortigueira. Orientaranche sobre emprego, formación, ofertas de lecer...



    © CONCELLO DE ORTIGUEIRA