Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

    Concellaría de Obras, Servizos e Facenda

    O seu titular é Regino Quintiana García.

    É, sen dúbida, o departamento que asume maior volume de competencias do goberno local, atendendo a un amplo abano de actividades que repercuten de xeito directo na calidade de vida da cidadanía.

    A concellaría concentra a totalidade das tarefas relacionadas coa construcción (tramitación de licencias e axudas) obras públicas e mantementos que se desenvolven na localidade. Así, dela dependen a xestión e supervisión de intervencións de mellora en edificios e espazos públicos (prazas, parques e xardíns), infraestruturas viais e redes de servizos básicos.

    Ademais, adscríbense ao departamento os servizos de limpeza, recollida de lixo e mercado. En definitiva, é o responsable de dar resposta inmediata aos problemas do día a día.

    Finalmente, o edil delegado da área encárgase de dirixir un área de vital importancia no labor de goberno, a xestión orzamentaria e control das contas públicas.


    • Urbanismo e obras

      Urbanismo e obras

      Este departamento xestiona diversas actuacións relacionadas co urbanismo e o desenvolvemento de obras no termo municipal. Os seus responsables encárganse da asesoría ao cidadán, tramitación de solicitudes e axudas, entre outros aspectos.
    • PXOM

      PXOM

      Os servizos técnicos do Concello traballan actualmente no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ortigueira. Trátase dun documento necesario, que contribuirá a un maior ordenamento e aproveitamento dos recursos dispoñibles.
    • Servizos básicos

      Servizos básicos

      Os servizos municipais asumen directamente a prestación do abastecemento de auga, o alumeado público ou a recollida de residuos sólidos urbanos no Concello.

    Concellaría de Obras, Servizos e Facenda
    Enderezo: Praza de Isabel II, s/n
    Teléfono: 981 400 000
    Horario de atención ao público: de 8:00 a 15:00




    © CONCELLO DE ORTIGUEIRA