Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Residencia de anciáns Dolores Díaz de Dávila

Obxectivos | Infraestruturas | Beneficiarios |

A Residencia de Anciáns Dolores Díaz de Dávila ofrécelles un aloxamento alternativo ás persoas maiores do Concello que, por determinadas circunstancias non poden ou desexan continuar residindo no seu domicilio. Dende o centro preténdese conseguir que os maiores se sintan en todo momento como na súa casa.

O traballo desenvolvido polo persoal da Residencia, que está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos da Igualdade e Benestar, procura incrementar o nivel de autonomía dos anciáns. Así, desenvólvense procesos de traballo que retrasen a evolución das enfermidades dexenerativas.

As familias dos residentes poden coñecer en todo momento a situación dos seus maiores e participar nas actividades do centro.

Obxectivos

Os principais obxectivos da Residencia pasan por:
  • Ofrecerlles aos residentes un bo nivel de calidade de vida.
  • Prestarlle unha atención persoal a cada residente.
  • Procurar o mantemento da autonomía dos residentes.
  • Implicar a todo o persoal do centro na mellora dos servizos que se lles prestan aos residentes.
  • Motivar á familia nos proxectos do centro.
  • Normalizar a vida dos residentes na medida do posible.

Subir


Infraestruturas

A residencia municipal de anciáns ocupa o seu actual emprazamento dende o ano 1932. O Concello vén de realizar un importante esforzo para modernizar este emblemático centro, adaptándoo á lexislación vixente e ás novas necesidades dos nosos anciáns.

Trala finalización dos traballos, a residencia dispón de 59 prazas. Estas distribúense en 47 cuartos individuais e 7 dobres. Todos eles son exteriores e con baño libre de barreiras arquitectónicas, dotado das necesarias axudas técnicas.

As habitacións están equipadas cos últimos avances en material xeriátrico. Cada unha delas dispón de armario empotrado, cama eléctrica articulada en catro planos, mesiña de noite, e escritorio. Contan ademais con toma de teléfono, de antena de TV e radio, fío musical, timbre e calefacción.

A residencia municipal Dolores Díaz de Dávila conta con diferentes espazos comúns, amplos e habilitados para o desenvolvemento de diversas actividades.

No que respecta á atención sanitaria dos residentes están a construírse espazos específicos para enfermería, un despacho médico e dous cuartos de control para aqueles pacientes que requiran dun seguemento exhaustivo. Ao remate das obras o complexo disporá dunha sala de fisioterapia completamente equipada, de máis de 63 metros cadrados.

Subir


Beneficiarios

A Residencia proporciónalles aloxamento ás persoas de 65 ou máis anos que reúnan as condicións previstas na Lei 4/1993 do 14 de abril de Servizos Sociais, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Excepcionalmente poderán ingresar no centro persoas menores de 65 anos cando, polas súas circunstancias persoais, económicas e familiares se estime preciso.

A residencia de anciáns está xestionada dende finais do 2007 polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA