Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Teatro da Beneficencia

Programación |

O Teatro da Beneficencia, de xestión municipal, foi construído no ano 1850 baixo os criterios do estilo romántico. O inmoble reformouse no ano 1992, adaptándose aos requisitos que deben reunir na actualidade este tipo de instalacións.

As asociacións culturais, así como outro tipo de entidades, poden desenvolver as súas actividades no Teatro da Beneficencia, tras obter a correspondente autorización municipal.

O impreso de solicitude debe entregarse, correctamente cumplimentado, nas dependencias municipais.

Programación

No recinto desenvólvese ao longo do ano unha programación cultural moi variada, na que predominan a música -clasica, moderna e jazz-, o teatro, a proxección de filmes e outros espectáculos como os de monicreques. Isto é posible grazas aos convenios asinados coa Deputación da Coruña e co Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais -IGAEM-, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Subir



Concello de Ortigueira - Centraliña
Enderezo: Praza de Isabel II, s/n
Teléfono: 981 400 000
Fax: 981402536



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA