Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

A biblioteca dos nenos

Que libros podo ler? | ¿Como busco un libro? | Empréstamo | Carné de socio |

Sabes que se pode facer na biblioteca municipal? Ademais de ler tes a oportunidade de participar en diferentes actividades, como actos de animación á lectura, concursos e mesmo obradoiros de manualidades.

Que libros podo ler?

Na biblioteca tes á túa disposición todos os libros da Sala Infantil. Para axudarte a elixir diferenciamos as obras literarias -contos e novelas- con etiquetas de cores, segundo a idade á que van dirixidas.

Ata cinco anos

pegatina
Os libros cunha etiqueta frontal cun debuxo, igual ou parecido a este, están destinados aos que teñades ata cinco anos.

De seis a oito anos

pegatina
Se tes entre seis e oito anos recomendámosche os libros que levan unha etiqueta vermella.

De nove a once anos


pegatina
Se tes entre nove e once anos, recomendámosche os libros que levan unha etiqueta verde.

De doce a catorce anos

pegatina
Se tes entre doce e catorce anos, o teu son os libros clasificados cunha etiqueta amarela. Os deste grupo xa sodes maiores e sabedes comportarvos na Biblioteca. Por iso atoparedes as vosas obras na Sala de Adultos.

Subir


¿Como busco un libro?

Para saber se un libro está na Biblioteca só tes que consultar o catálogo a través de internet. O catálogo da Biblioteca municipal pode consultarse dende a web da Rede de Bibliotecas de Galicia. Poderás facer buscas por autores, títulos ou materias.

Como consultalo?

Se non sabes como facelo ou tes algunha dúbida pregúntalle ao personal da Biblioteca. Están para axudarte.

Subir


Empréstamo

A Biblioteca dache a opción de levar para a túa casa ata tres libros ao mesmo tempo. Terás que devolvelos nun prazo máximo de 15 días.

Ademais podes levar ata dous materiais audiovisuais -DVD, CD, ou CDRom- ao mesmo tempo, que terás que devolver nun prazo máximo de 7 días.

Subir


Carné de socio

O carné farache falta para levar libros, DVD, CD ou CD-Rom á túa casa. Ademais é necesario ser socio para poder empregar o fondo multimedia e os ordenadores da Biblioteca.

Se queres ter o teu carné necesitas que un dos teus pais cubra a folla de solicitude. Debe acompañala dunha fotocopia do seu DNI e unha foto túa, e entregala nas dependencias da Biblioteca.

Subir



Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre
Enderezo: Márquez Cortiñas, s/n. 15330. Ortigueira
Teléfono: 981 400 101
Email: contactar
Horario de atención ao público: Normal
De luns a venres, de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas.
Sábados de 10:00 a 13:30 horas.
Directora: María José Vilasánchez Fuciños



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA