Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Deportes

Programa de instalacións deportivas | Programa de actividades | Actividades de apoio | Torneo Internacional de Xadrez |

Os servizos deportivos municipais están xestionados polo Concello. A súa dirección superior é competencia da Alcaldía, a través do servizo de Deportes. Este último é o encargado de xestionar a organización dos servizos.

O departamento municipal de deportes promove diversos programas destinados a ofrecerlles aos cidadáns actividades e instalacións deportivas de calidade.

A área de deportes céntrase asemade na promoción do asociacionismo, a través da subscrición de convenios de colaboración con entidades e da concesión de subvencións. Neste senso ofrece asesoramento e traballa pola organización de actividades conxuntas.

Programa de instalacións deportivas

Un dos obxectivos da área de deportes pasa por favorecer e promocionar o uso das instalacións existentes por parte da cidadanía. Deste xeito, as persoas que o desexen poden empregar os diversos espazos dispoñibles previo pago dos prezos públicos correspondentes.

Non é preciso aboar as devanditas taxas no caso das instalacións de uso libre, como as pistas polideportivas parroquiais.

Subir


Programa de actividades

A programación anual de actividades divídese principalmente en dúas tempadas diferenciadas: a de verán e a de inverno. Establécense para cada unha de elas diferentes obxectivos relacionados coas condicións meteorolóxicas ou os períodos escolares. De xeito paralelo desenvólvense ao longo de todo o ano unha serie de programas permanentes.

Podes consultar a Programación deportiva para coñecer todas as actividades dispoñibles.

Subir


Actividades de apoio

O departamento de Deportes realiza unha serie de actividades de promoción pública en convenio con outras entidades do termo municipal, para complementar os seus obxectivos educativos ou terapéuticos.

É o caso do convenio con Aspromor, que establece a cesión das instalacións deportivas dos centros de ensino. Os socios desta asociación de minusválidos da comarca poden así asistir a diversas actividades deportivas co apoio dos seus terapeutas.

Subir


Torneo Internacional de Xadrez

O departamento municipal de deportes encárgase de organizar o Aberto Internacional de Xadrez Concello de Ortigueira. Este torneo desenvólvese durante as primeiras semanas de agosto.

Trátase dun evento puntuable no circuito internacional, que atrae cada ano aos grandes mestres deste deporte.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA