Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Emprego

Constitución de empresas | Bolsa de emprego local | Obradoiro de emprego e Escola obradoiro |

Logotipo da Rede de técnicos de Emprego de GaliciaO servizo municipal de Emprego realiza fundamentalmente labores de asesoría, información e orientación en relación co eido laboral.

Ademais impulsa actividades destinadas a mellorar a situación laboral dos cidadáns do Concello. Entre elas figuran a realización de cursos formativos ou a promoción de obradoiros de emprego e escolas obradoiro.

Constitución de empresas

O Axente de Emprego e Desenvolvemento Local ten encomendadas as labouras de asesoramento a aqueles cidadáns que desexan constituírse como autónomos. O apoio prestado dende o Concello céntrase na constitución de novas empresas e, especialmente, na análise da súa viabilidade económica e financeira. Este estudo resulta básico para a solicitude de axudas económicas e subvencións a fondo perdido nas distintas administracións públicas e entidades privadas.

O promotor pode tardar en emprender a súa actividade entre 4 e 6 meses. Durante este período establécese unha colaboración constante co Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, destinada a conformar e perfilar a idea empresarial proxectada inicialmente. Este proceso permite coñecer polo miúdo as súas fortalezas e debilidades.

Subir


Bolsa de emprego local

Os servizos municipais dispoñen dunha bolsa de emprego local cunha dobre utilidade. Dunha banda, o directorio permite que aquelas persoas que depositen nel o seu curriculum vitae podan optar aos postos de traballo ofertados nas empresas do contorno.

Paralelamente para poder dar utilidade a este serivicio, os empresarios da zona poden acodir a este arquivo na procura de profesionais, para cubrir as prazas vacantes no seu cadro de persoal.

Subir


Obradoiro de emprego e Escola obradoiro

O Concello de Ortigueira puxo en marcha nos últimos anos varias iniciativas destinadas a fomentar o emprego entre os seus habitantes. Neste senso promovéronse obradoiros de emprego e unha escola obradoiro, subvencionados pola Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Os obxectivos da administración municipal neste eido pasan pola convocatoria de novos obradoiros e escolas nas vindeiras anualidades. Todos os proxectos presentados -que deben contar coa aprobación da devandita Consellería- buscan a formación dos seus beneficiarios por medio de iniciativas que resulten de utilidade para o conxunto da cidadanía.

Os programas desenvolvidos ata o de agora centráronse en promover melloras ambientais do contorno ou recuperar espazos para a realización de actividades socioculturais. Tralo remate dos cursos empregáronse arredor do 80 por cento dos seus alumnos-traballadores.

Poden beneficiarse desta iniciativa os habitantes de Ortigueira e dos concellos limítrofes dependentes da oficina do INEM das Pontes.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA