Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Telecentro e Aula de informática

Obxectivos | Actividades |

O Concello desenvolveu nos últimos anos un activo labor de sensibilización e achegamento da poboación ás novas tecnoloxías. O Aula de informática municipal xogou un papel decisivo neste terreo.

O seu intenso labor viuse reforzado en 2011, coa apertura no núcleo urbano dun aula punteira, pertencente á Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia (Cemit). Isto posibilitou á localidade dar un salto cualitativo nas tarefas de alfabetización dixital e formación en liña.

O "telecentro" de Ortigueira está dotado de equipamento básico como ordenadores, conexión a internet, wifi, impresoras, escáneres, webcam, proxectores, lectores de DNI electrónico, etc. Dispón ademais dun sistema de videoconferencia e equipos audiovisuais e multimedia que permiten realizar as actividades en formato presencial e telepresencial.

Obxectivos

Aula de informática municipal + Aula Cemit conforman o principal instrumento do concello para promocionar o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola brecha dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais do municipio e mostrar á pemes e micropymes as vantaxes da sociedade da información.

Subir


Actividades

Ao longo do ano prográmanse toda unha serie de seminarios destinados a reforzar os coñecementos dos programas informáticos máis comúns, así como cursos destinados a un público claramente especializado.

Subir



Aula Municipal de Informática
Enderezo: Antigo centro de saúde (rúa Márquez Cortiñas s/n)
Teléfono: 981 402 533
Horario de atención ao público: De luns a venres de 10 a 12 e de 16 a 21 horas.
Contactar con:Verónica Barcón Ben


© CONCELLO DE ORTIGUEIRA