Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

OMIX

Obxectivos | Que información podemos darche | Programa Alterna | Asesoría xurídica | Carné Xoven Euro<26 | Outros servizos |

A Oficina Municipal de Información Xuvenil -OMIX- actúa como un punto de información sobre os recursos dispoñibles en materia de mocidade.

O servizo pretende orientar e asesorar aos rapaces e rapazas do Concello en diferentes eidos do seu interese, fomentando así o seu protagonismo no desenvolvemento da nosa comunidade.



Obxectivos

Os principais obxectivos da OMIX son:
  • Artellar un servizo de información e orientación que favoreza o acceso aos recursos sociais, culturais, económicos, etc., da poboación situada entre os 12 e os 25 anos de idade.
  • Fomentar a implicación e participación xuvenil na vida cultural e social da nosa comunidade.

Estas liñas xerais de actuación pretenden aproveitar ao máximo os recursos existentes. Ademais téndese a fomentar a identidade cultural propia da mocidade a través da creación de servizos próximos aos usuarios e acordes ás súas necesidades.

Subir


Que información podemos darche

Na OMIX podes obter información sobre:
  • Estudos e formación: información sobre cursos de formación das administracións publicas.
  • Asociacionismo xuvenil: asesoramento para a creación e mantemento de asociacións xuvenís no termo municipal.
  • Outras actividades: difusión da oferta cultural, deportiva, de lecer, etc.

Subir


Programa Alterna

A OMIX puxo en marcha esta alternativa continuada de lecer para mozos de entre 12 e 18 anos durante a tempada escolar. Na súa primeira edición (curso 2007- 2008), o ciclo de actividades gratuítas, aposta polo gancho dos bailes latinos e modernos e de obradoiros lúdicos de carácter mensual: tatuaxe de henna, serigrafía de camisetas...

O programa, que se desenvolve entre o CEIP e máis o centro social da Villa, busca fomentar as relacións interpersoais entre os máis novos de Ortigueira, ofrecéndolles compartir fora do horario escolar, con xente da súa idade, propostas que lles poidan divertir ou interesar.

Subir


Asesoría xurídica

De forma personalizada e totalmente gratuíta, unha avogada encargarase de informar aos menores de 25 anos que o demanden sobre os seus dereitos e máis os orientará sobre os cauces legais que deben seguir para solucionar los diferentes conflictos que no campo do dereito poidan formularlle.

As áreas que poderán tratar son moi variadas: laboral, civil e familia, penal, administrativo... En definitiva, abarcará calquera tema no eido xurídico que poida afectar a un mozo: reclamacións, temas relacionados coa vivienda, contratos, trámites administrativos...

Subir


Carné Xoven Euro<26

Podes conseguir e renovar o teu Carné Xoven Euro<26 na propia OMIX de Ortigueira. Esta tarxeta persoal ofrece numerosos descontos en territorio nacional e diversos países do estranxeiro ás persoas de entre 14 e 25 anos, ámbolos dous inclusive. Os seus posuidores benefícianse ademais dun seguro de asistencia de viaxes.

Para facerte con el deberás aboar 7 euros e cubrir o impreso de solicitude, xuntando unha fotografía de carné e unha fotocopia do teu DNI. O Carné Xove Euro<26 ten un período de vixencia de dous anos.

Subir


Outros servizos

Na OMIX podes tramitar a solicitude doutro tipo de carnés e tarxetas de
desconto TIVE, como o carné de alberguista. Tamén se xestionan as solicitudes de campamentos de verán da Xunta.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA