Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Policía Local

Medios técnicos | Funcións |

O cadro da Policía Local de Ortigueira está conformado por 6 gardas . Ademais de velar pola seguridade dos cidadáns, estes axentes realizan diversos labores relacionados co tráfico, a circulación ou a concesión de licencias de obras no termo municipal.

Medios técnicos

A Policía Local de Ortigueira dispón dun completo equipamento para o desenvolvemento das súas funcións. Os axentes desprázanse en tres vehículos patrulla e dúas motocicletas policiais.

Contan asemade con material para a realización de controis de tráfico -sinalización, bandas sonoras, restrelo de cravos, tetrápodos...-, emisoras, un ordenador e unha cámara fotográfica dixital, entre outros medios.

Subir


Funcións

A Policía Local de Ortigueira realiza as seguintes funcións básicas:

  • Protección de autoridades municipais.
  • Vixilancia e custodia de edificios e instalacións municipais.
  • Seguridade cidadá.
  • Ordenación, sinalización e regulamento do tráfico.
  • Vixilancia e disciplina de tráfico, cargas e descargas, Zona Azul.
  • Vixilancia do cumprimento das ordenanzas municipais.
  • Atestados por accidentes de tráfico.
  • Intervención en accidentes, rescates, incendios, inundacións e situacións de emerxencia.
  • Educación vial en colexios e institutos.
  • Regulamento e vixilancia do mercado semanal.
  • Inspeccións de obras e ocupacións de vía pública.
  • Protección do medio ambiente, sacas de madeira, plantacións forestais, ruídos, etc...
  • Oficina de obxectos perdidos.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA