Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Polígono Industrial de Cuíña

Asesoramento | Prezos | Máis información |

O Polígono Industrial de Cuíña, situado na parroquia que leva o mesmo nome, foi promovido por Xestur Coruña en colaboración co Concello de Ortigueira. Esta área, inaugurada en febreiro de 2004, dispón de cento once parcelas asentadas sobre 131.000 metros cadrados de solo industrial.

Cada unha delas dispón de alumeado público, rede de sumidoiros e dunha área habilitada para o aparcamento de vehículos. Contan asemade coas acometidas precisas para a instalación de auga, luz e teléfono.

Está previsto que se instalen no polígono empresas de carácter industrial e comercial, procurando na medida do posible a uniformidade das súas actividades.

Asesoramento

O Concello de Ortigueira está a elaborar un plan destinado a asesorar os promotores que decidan adquirir unha parcela no Polígono Industrial de Cuíña. Dende o departamento municipal de Emprego realizarase un seguemento personalizado de cada unha das actividades. Esta análise servirá para conseguir as axudas que mellor se adapten a cada un dos proxectos empresariais.

Subir


Prezos

Os prezos das parcelas do Polígono Industrial de Cuíña oscilan entre os 54 e os 60 euros por metro cadrado.

Subir


Máis información

Os interesados en obter información adicional sobre parcelas, trámites de compra, ou as axudas existentes, deben poñerse en contacto co Técnico Local de Emprego.

Subir



Técnico Local de Emprego
Enderezo: Praza de Isabel II, s/n
Teléfono: 981 400 000
Fax: 981 400 408
Email: contactar
Contactar con:Francisco José Fernández Carreja



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA