Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Almorzos na escola

Como inscribirse |

Co obxectivo de facilitar a conciliación de vida familiar e laboral dos pais e nais do CEIP José Mª Lage, a Concellería de Benestar Social oferta, o programa socio educativo "Almorzos na escola".

O servizo, no que se atende de forma personalizada a alumnado de infantil e primaria do centro escolar, funciona de luns a venres a partir das 7:30 horas. Desde ese intre ata o arranque da xornada lectiva, os usuarios almorzan, aprenden hábitos saudables e de hixiene e realizan actividades de lecer xunto a outros compañeiros/as e da man dunha monitora especializada.

Almorzos na escola actívase no marco das políticas locais de promoción da igualdade de oportunidades. A súa misión, garantir unha adecuada atención aos pequenos nunha franxa horaria na que que moitos dos seus proxenitores teñen que incorporarse aos seus postos de traballo. Deste xeito non teñen necesidade de facer renuncias de tipo laboral nin de sobrecargar aos familiares, deixándoos ao cargo dos seus fillos.

Como inscribirse

As persoas que desexen beneficiarse do programa só teñen que poñerse en contacto co CIM de Ortigueira (teléfono 981 402542). O prazo permanece aberto ao longo de todo o curso escolar. A inclusión no programa está suxeita á dispoñibilidade de prazas.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA