Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Grupo emerxencias supramunicipal

Tarefas |

Ortigueira é sede dun dos sete Grupos de emerxencias supramunicipais da provincia da Coruña. O GES está composto por 12 efectivos e conta cunha estrutura máis profesionalizada e de carácter permanente.

Tarefas

Os GES realiza funcións de emerxencias, como a intervención en incendios forestais e urbanos ou a realización de traballos forestais preventivos. Ademais, tamén intervirán en situacións derivadas do desencadeamento de riscos naturais, como poden ser as nevaradas, inundacións, seca ou episodios meteoróxicos adversos; no mantemento da rede de estradas e vías de comunicación ou participando en operativos de protección civil que se planifiquen en casos de actividades nas que se rexistran aglomeracións significativas de persoas; entre outras funcións.

Para o desenvolvemento destas tarefas o Concello dispón de tres camións motobomba, dous vehículos todoterreo e dous equipos de respiración autónoma, entre outros medios técnicos.

Subir



Protección Civil e GRUMIR
Enderezo: Centro Social de Cuíña. Lugar da Clara, s/n
Teléfono: 696 446 870
Horario de atención ao público: durante as 24 horas
Responsable: Jaime Villar Bellón


© CONCELLO DE ORTIGUEIRA