Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

PXOM

Directrices | Normas subsidiarias |

O Concello de Ortigueira carece polo de agora dun Plan Xeral de Ordenación Municipal, rexéndose o seu urbanismo polas Normas Subsidiarias municipais de planeamento, aprobadas no ano 1993.

Con todo, dispón dende outubro do 2005 dunha primeira proposta de plan. O documento atópase nestes intres en fase previa á aprobación inicial.

A complexidade do territorio municipal e as propostas para a evolución dos núcleos de poboación fixeron necesaria a creación dun Plan Xeral que ordene o conxunto atendendo a criterios razonables.

Directrices

As liñas xerais nas que se baseará o PXOM de Ortigueira son as seguintes:
  • Mantemento dos núcleos rurais existentes, con ampliación daqueles nos que exista demanda de edificación e nos que se poda xustificar que a poboación non decreceu.
  • Reservas de novo solo industrial en Senra e San Claudio.
  • Inclusión de zonas urbanizables para crecementos mediante Plans Parciais.
  • Crecemento en horizontal dos grandes núcleos urbanos, fronte á paisaxe de grandes bloques. A expansión demográfica virá acompañada da territorial. A Vila medrará cara a Miñaño e a recta da Venta. Espasante cara á parroquia de Ladrido e pola costa.
  • Apertura de novos trazados de rúas e prazas en Ortigueira e Espasante que completen as estruturas existentes. Hai moito espazo sen ordear no interior das grandes mazás.
  • Ampliación de zonas para equipamentos: nova área de cemiterios en Santa Marta, auditorio...

Subir


Normas subsidiarias

Actualmente rexen en Ortigueira unha serie de normas subsidiarias. Trátase dun conxunto de directrices de carácter xeral editadas pola Xunta de Galicia no ano 1993. As normas subsidiarias aplícanse adaptándose ás peculiaridades dos concellos que carecen de plans de ordenación municipal.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA