Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Salvamento e socorrismo

Persoal e medios | Equipamento |

O Concello pon en marcha durante os meses de verán un completo programa de socorrismo, destinado a salvagardar a saúde e a vida dos bañistas que acoden aos areais da zona. Dentro desta iniciativa considéranse fundamentais as tarefas de prevención e intervención, en caso de necesidade, de toda a zona de praias. Esta área de actuación comprende ademais a faixa litoral dos areais sometidos a vixilancia.

Cada ano determínanse as praias que serán obxecto de cobertura. Este dispositivo presta especial atención aos areais distinguidos con Bandeira Azul: Morouzos e A Concha.



Persoal e medios

Para realizar os labores de vixilancia e salvamento, o Concello dispón de medios apropiados e persoal socorrista capacitado. Cada ano desenvolven estas tarefas un grupo de persoas que oscila entre as 15 e as 25, debido á amplitude dos areais do municipio.

O Concello intervén na súa formación mediante a organización de cursos específicos.

Subir


Equipamento

Cada unha das praias dispón dos seguintes medios:
  • Posto base con teléfono.
  • Material de primeiros auxilios.
  • Material auxiliar de salvamento.
  • Lancha pneumática.
  • Socorristas.
  • Transmisores.

Os equipos de salvamento das diferentes praias están interconectados, o que lles permite intervir inmediatamente en caso de emerxencia. De ser preciso, contan coa posibilidade de mobilizar os recursos de Protección Civil e SOS Galicia, que inclúen un helicóptero de rescate.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA