Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Servizos básicos

Recollida de residuos sólidos urbanos | Punto Limpo de Ortigueira | Subministro de auga |

O Concello asume a prestación dos servizos básicos de abastecemento de auga, recollida de lixo e alumeado público no termo municipal de Ortigueira. A maioría son desenvolvidos directamente por persoal contratado polo concello.

Recollida de residuos sólidos urbanos

A área municipal de Servizos xestiona a limpeza do municipio e a recollida de residuos sólidos urbanos, así como o mantemento das infraestruturas precisas para estas tarefas.

Os traballos comprenden a limpeza de rúas, viais, zonas verdes, praias, recollida de lixo e promoción do Punto Limpo municipal. Ao tempo dáse conta do mantemento, limpeza e reposición dos colectores.

Calquera cidadán pode poñerse en contacto co departamento municipal de Servizos para informar sobre posibles incidencias en materia de limpeza.

Subir


Punto Limpo de Ortigueira

Os habitantes de Ortigueira poden colaborar coa recollida selectiva de lixo depositando os seus residuos domésticos no Punto Limpo do municipio. Nel existen colectores específicos para os distintos tipos de refugallos que poden ser reciclados ou reutilizados. Ademais permite depositar materiais altamente contaminantes, perigosos para o ambiente ou a sociedade.

O Punto Limpo pretende contribuír á reciclaxe de elementos como o papel, vidro ou metais. Con esta iniciativa foméntase ademais a recollida de mobles, electrodomésticos e outro tipo de cascallos ou elementos voluminosos.

Todos os materiais depositados no Punto Limpo son posteriormente recollidos por empresas autorizadas, que os transportan a plantas transformadoras. A maioría de residuos deben ser depositados polos particulares nos colectores de recollida selectiva, que son:
  • Iglú verde: para vidro, botellas e frascos.
  • Colector amarelo: para envases, plásticos, latas e bricks.
  • Colector azul: para papel e cartón.
  • Colector tradicional: para refugallos orgánicos e outros.

Subir


Subministro de auga

Aquagest encárgase do mantemento e renovación da rede de abastecemento de auga de Ortigueira. Os cidadáns que desexen darse de alta neste servizo deben solicitalo nas oficinas da empresa concesionaria no Cantón. Esta xestión é gratuíta e non require a presentación de ningún tipo de documento.

Do mesmo xeito, os habitantes do municipio poden poñerse en contacto coa compañía para informar de incidencias ou avarías relacionadas con esta rede de abastecemento.

Subir





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA