Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Tráfico e aparcadoiros

Mobilidade de discapacitados | Zonas peonís | Días de Mercado |

O termo municipal de Ortigueira dispón de varios espazos reservados expresamente para o aparcamento gratuíto de vehículos.

A principal destas áreas está situada a carón dos xardíns do Malecón, en Santa Marta. Ten capacidade para acoller a 100 automóbiles.

Outras superficies específicas para o aparcamento no núcleo urbano de Santa Marta sitúanse no paseo de Barro Soto -25 vehículos- ou na praza de Isabel II -15 vehículos-.

En fase de construción atópase ademais o aparcadoiro e praza da Magdalena con 90 prazas e, en breve, iniciaranse as obras doutra zona de estacionamento na rúa Márquez Cortiñas.

Outras parroquias como Loiba e Mera de Abaixo (en Ponte Mera) dispoñen tamén de zonas públicas de parking.

Zona Azul

De cara a facilitar o aparcamento na principal arteria comercial do municipio estableceuse a Zona Azul de carácter gratuíto. Este réxime aféctalle á estrada xeral no treito comprendido entre a entrada a Santa Marta dende Ferrol e a rotonda situada baixo a ponte do tren. Quedan excluídos da Zona Azul os espazos reservados e debidamente sinalizados para a carga e descarga.

Os vehículos poden permanecer nunha mesma praza de estacionamento durante un período máximo dunha hora e 30 minutos. A restrición permanece vixente de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres. Os sábados só está habilitada a Zona Azul de 9:00 a 14:00 horas.



Mobilidade de discapacitados

A maioría das rúas do casco urbano de Santa Marta, así como a rúa Xeneral Franco están debidamente adaptadas para as persoas con mobilidade reducida. O Concello vén habilitando nos últimos anos rampas e recortes que permiten o doado acceso ás beirarrúas e aos pasos de peóns.

Na Vila existen varias zonas de aparcamento reservado para minusválidos. Estas sitúanse na praza de Isabel II -1-, no porto deportivo -1- e no Centro de Saúde -2-. As persoas con algún tipo de minusvalía poden ademais estacionar nas prazas reservadas para a carga e descarga situadas na estrada Xeneral Franco e no Cantón.

Subir


Zonas peonís

As inmediacións do Cantón, no casco urbano de Santa Marta, considéranse peonís entre as 12:00 e as 7:00 horas de luns venres, así como das 12:00 horas do sábado ás 7:00 do luns.

As rúas comprendidas nesta área péchanse ao tráfico mediante tres bolardos retráctiles, situados na praza do Concello, na entrada do Cantón dende a Alameda e na praza das Tres Farolas. Os devanditos dispositivos permiten a saída da zona peonil, impedindo o acceso á mesma nas horas sinaladas.

Contan con permisos especiais os residentes que dispoñen dun vado na zona de circulación restrinxida, así como outras persoas que acrediten precisalo. A todas elas entrégaselles un mando a distancia que activa os bolardos permitindo o acceso.

Os cidadáns interesados en coñecer os requisitos para obter este permiso deben poñerse en contacto coa Policía Local, que se encarga dos trámites correspondentes.

Subir


Días de Mercado

Nas mañás dos xoves as inmediacións do Concello e do Centro Social permanecen pechadas ao tráfico de vehículos por mor da celebración do mercado semanal. Estas restricións rematan arredor das 14:00 horas.

Subir



Ordenanzas

Concellarías

Facemos Ortigueira

Axenda




© CONCELLO DE ORTIGUEIRA