Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Turismo

Desestacionalización do turismo | Actividades de verán | Recuperación e sinalización de rotas |

O Concello promove diversos plans destinados a difundir e poñer en valor o patrimonio ortegán. Neste eido resultan fundamentais os vencellos de colaboración existentes entre o departamento municipal de Turismo e a Fundación Ortegalia, así como empresas privadas relacionadas co sector.

Desestacionalización do turismo

A Concellaría de Turismo pon en marcha cada ano un programa destinado a captar visitantes entre os meses de outubro e maio. Nesta tempada actívanse unha serie de iniciativas tendentes a aumentar o valor da oferta dispoñible no municipio.

A partir de setembro, en colaboración coa Fundación Ortegalia e entidades privadas, bota a andar un programa de visitas guiadas. O proxecto, destinado especialmente a centros de ensino e grupos da terceira idade, atrae en cada campaña invernal arredor de 1.500 visitantes. Ademais pretende captar ao enorme segmento de público de idades intermedias, así como ao especializado.

O programa de desestacionalización pon en valor a riqueza do municipio, amosando as potencialidades turísticas de Ortigueira máis aló do seu Festival. Así, o Centro Arqueolóxico convírtese en punto de comezo e fin dunha serie de itinerarios guiados, adaptados aos intereses de cada grupo.

A oferta dispoñible compila na actualidade rotas destinadas a promocionar o patrimonio arqueolóxico, natural e histórico do municipio. Dende o apartado Para saber máis sobre Turismo podes consultar todas as propostas.

Subir


Actividades de verán

A área municipal de Turismo puxo en marcha no verán de 2004 un programa de lecer e tempo libre que tivo continuidade nas seguintes anualidades.

En colaboración coas empresa Roteiros, Actividades Estaca e Granxa do Souto desenvólvense unha serie de rotas -de natureza, arqueolóxicas, polas praias, etc.- e traxectos en canoa pola Ría e polos ríos Mera e Baleo.

As persoas interesadas en gozar destas actividades, que se desenvolven durante os meses de xullo, agosto e setembro, poden inscribirse na Oficina de Turismo do Concello.

Subir


Recuperación e sinalización de rotas

O turismo de natureza ten cada vez máis adeptos. Co gallo de atender a demanda existente a Fundación Ortegalia está a desenvolver un proxecto de sinalización das rotas de camiñadas que discorren por Ortigueira.

Sinalización de rotasNunha primeira fase da iniciativa emprendéronse actuacións no Camiño das Serras -entre as serras da Coriscada e a Faladoira- na Rota da Costa -de Ladrido a Loiba- e no Camiño da mera- itinerario circular trazado entre a illa do Mera e a Capelada. Proximamente estes indicadores serán instalados na totalidade de itinerarios existentes no termo municipal. Trátase de sinais de dirección visibles e integradas na paisaxe que permitirán seguir as rotas dende o núcleo urbano do Concello.

A segunda parte deste proxecto consistirá na colocación de paneis interpretativos. Estes instalaranse nos puntos máis interesantes de cada un dos traxectos e indicarán aspectos relacionados coa flora e a fauna, elementos etnográficos ou miradoiros naturais existentes.

Subir



Centro de recepción de visitantes
Enderezo: Porto de Ortigueira
Teléfono: 981 422 089
Email: contactar
Horario de atención ao público: De luns a sábado de 10: 30 a 13:30 h.






© CONCELLO DE ORTIGUEIRA