Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Como reciclar no Punto Limpo

No Punto Limpo de Ortigueira poden depositarse os seguintes residuos:
Fluorescentes e lámpadas de mercurio3 unidades
Disolventes, pinturas e vernices1 quilo
PilasRecolleranse en comercios
Baterías e radiografíasSen límite
Aerosois10 unidades
Electrodomésticos con CFC's -frigoríficos-1 unidade
Aceites minerais e vexetais5 litros
Aceite de motor5 litros
Medicamentos1 quilo
Madeira60 quilos ou 1 moble
Papel e cartónSen límite
VidroSen límite
Envases de plástico, latas e bricksSen límite
MetaisSen límite
Outros electrodomésticos2 unidades
Cascallos de pequenas reparacións25 quilos
Mobles, colchóns e semellantes60 quilos ou 1 moble
TéxtilesSen límite

As pilas recolleranse nos comercios para seren transportadas todos os xoves ao Punto Limpo. Podes depositalas no Instituto, o Colexio, Ferretería Yáñez, Prieto, Ciclos Cociña, Carbajal, Electrodomésticos Fran e Joyería Memén.

Consellos para a separación selectiva

  • Cómpre ter especial coidado cos fluorescentes e as lámpadas de mercurio. Procura que non se rompan durante o traslado, xa que se trata de residuos moi perigosos.
  • No caso dos disolventes, pinturas e vernices existe a prohibición formal de mesturar as substancias con outras de características diferentes.
  • Procura ser coidadoso ao transportar frigoríficos e outros electrodomésticos con CFC's para evitar que se rompa o seu circuito de refrixeración. Os CFC's son altamente contaminantes.
  • Nunca mestures os aceites de motor con outro tipo de aceites.
  • Procura evitar que os medicamentos se humedezan.
  • Os aerosois non deben de desmontarse. Deposítaos enteiros no colector correspondente.
  • Nos colectores verdes pode depositarse calquera tipo de vidro: botellas, tarros, etc. Na planta de tratamento retíranselle os restos de corcho, papel ou metais para proceder á súa reciclaxe. Tira o vidro directamente ao iglú, sen bolsa.
  • Debes tirar os bricks no colector amarelo, xunto cos plásticos e as latas. Deposítaos nunha bolsa plástica pechada para que non se verta o seu contido.
  • O papel e o cartón van ao colector azul, directamente ou nunha bolsa de papel.
  • Se un residuo ten materiais que pertencen a diferentes categorías, debes separalos para botalos ao colector que corresponda.




© CONCELLO DE ORTIGUEIRA