Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Residencia de Anciáns "Dolores Díaz Dávila"

Esta Residencia de Anciáns construída a principios do século XX é de estilo ecléctico. O conxunto segue un sinxelo esquema no que o eixo central de simetría vén marcado por un volume que organiza as dúas alas, dispostas perpendicularmente a el.

Malia que as diversas modificacións sufridas desvirtuaron a construción, aínda pode observarse a simetría na fachada principal. O volume central destaca especialmente por estar máis elevado que o resto do inmoble. Accédese a el por unha escaleira de dous tramos simétricos.

Pode interesarche





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA