Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Antigo Cinema Fojo

Antonio Tenreiro construiu este edificio de estilo racionalista entre 1930 e 1940. Nel aprécianse as pricipais características deste movemento arquitectónico: sixeleza de fachadas –das que desaparecen as tradicionais galerías-, emprego xeralizado de formigón ou articulación da fachada cos típicos planos curvos ou quebrados.

Nesta construción os planos artéllanse de xeito distinto a medida que subimos en altura, curvándose o volume saínte do andar máis elevado, ou ben moldurándose na forma da torre. Esta remata unha das esquinas, rompendo así coa marcada horizontalidade das fachadas.

Actualmente esta construción alberga un establecemento comercial e conta cun bloque engadido.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA