Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Museo Etnográfico de Meixido

O Museo Etnográfico de Meixido, de carácter privado, compila unha ampla colección de pezas –máis de 3.000- correspondentes ao desenvolvemento de 30 antigos oficios.

Sobresaen entre os fondos expostos unha cociña e unha botica do século XIX. Nestas instalacións é posible contemplar unha forxa, unha barbería, a disposición dunha escola, antigas ferramentas de carpinteiros, zoqueiros, máquinas de coser ou ferros de pasar, así como outros moitos elementos.

Como chegar

O Museo está situado no lugar de Meixido, pertencente á parroquia de Freires. Para chegar ata el cómpre coller o desvío cara As Pontes dende a rotonda de Cuíña. Percorridos 3,3 km. hai que tomar unha pista situada á esquerda da estrada –ao lado dereito da calzada hai un indicador- e avanzar outros 600 metros.

Horario

As instalacións están abertas ao público o sábado durante todo o día. Para visitalas noutra data, chamar previamente ao teléfono 981 422 258.
A entrada é de balde.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA