Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Antigo mercado

O edificio do mercado está situado na praza de Isabel II, no mesmo lugar que ocupara o cárcere derrubado en 1857. O inmoble actual construiuse en 1917 e substitúe a un anterior do ano 1861.

Este antigo mercado de abastos conta con dúas filas de cinco columnas, que carecen de elementos decorativos. O seu teito é de madeira, tanto nas vigas como nas cimbras, e está cuberto de tella plana.

Neste lugar celebrábase un mercado todos os domingos e xoves do mes.

Pode interesarche





© CONCELLO DE ORTIGUEIRA