Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Montes

Serra da Capelada

Cunha extensión de 11.600 hectáreas a Serra da Capelada esténdese en dirección Sudoeste - Nordeste dende a vila de Cedeira ata o cabo Ortegal. Neste punto conforma unhas pequenas illas rochosas, en forma de punta, coñecidas como Os Aguillóns.

Da Serra arrincan alturas como o Monte Miranda -545 metros-, sobre a parroquia da Pedra, os montes de Landoi e os penedos de Santo Adrián -con case 600 metros- na parroquia de Veiga. Son estes os cantís máis elevados da Europa occidental.

A Serra da Capelada está catalogada como Zona de Interese Natural polas colonias de aves mariñas que acolle.

Serra da Faladoira

As estibacións finais desta serra marcan, no seu traxecto cara Estaca de Bares, a marxe occidental do val no que se asenta a Ría. Da Serra da Faladoira parten cara ao oeste outras ramificacións como os Montes de Rande e do Feo -510 metros-, ata Ladrido e Espasante.

Cara ao norte atopamos os montes de Devesos e San Paio, próximos a Ortigueira. Nesta zona pasan a chamarse Montes do Cancelo, Montes do Ermo e Pico de Taboada -540 metros-, polo oeste cara Mera.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA