Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Morouzos / Cabalar

Morouzos e Cabalar son os nomes cos que se coñece a cada un dos extremos dun amplo areal, situado na parroquia de Luama.

A praia de Cabalar é a máis interior da Ría, de areas finas e augas mansas. A continuación dela atópase a de Morouzos, orientada cara ao norte na desembocadura da Ría. Nos seus 3 quilómetros de lonxitude recóllense as areas procedentes do río Lourido e do mar aberto. Estas forman ademais unha barreira natural na desembocadura da ría de Ladrido.

É esta a praia máis importante do municipio, de area fina e moi escura. Ocasionalmente presenta risco de resaca. A natureza formou un cordón dunar de gran beleza entre o areal e o extenso piñeiral, que dispón de lareiras, bancadas e xogos infantís.

Características xerais:
Lonxitude da praia2.000 metros
Anchura media110 metros
Grao de ocupaciónmedio
Grao de urbanizaciónillada
Paseo marítimonon
Tipo de praia:
Composiciónarea
Tipo de areaescura
Condicións de bañoondada moderada / ventosa
Zona de fondeonon
Nudistanon
Aspectos ambientais:
Presencia de vexetaciónsi
Zona protexidasi
Bandeira azulsi
Seguridade:
Equipo de vixilanciasi
Sinalización de perigosi
Policía Localnon
Posto Cruz Vermellasi / Tfno. 112 - 061
Equipo de salvamentosi
Hospital máis cercano:
NomeHospital Arquitecto Marcide
EnderezoEstrada de Catabois, s/n, Ferrol
Tfno.981 33 40 00
Distancia aproximada50 km.
Accesos:
Tipo de accesoa pé, doado / en coche
Sinalización accesossi
Accesos minusválidossi
Transporte:
AutobúsInterurbano: liña Ferrol - Viveiro a 3 km.
FerrocarrilLiña Ferrol-Xixón, FEVE.
Estac. Ortigueira a 2,5km
Aparcadoirosi / non vixilado / menos de 100 prazas
Turismo:
Oficina de turismosi
Servizos:
Aseossi
Duchassi
Teléfononon
Papeleirassi
Servizo de limpezasi
Pasarelas de accesosi
Aluguer de sombrillasnon
Aluguer de hamacasnon
Aluguer de náuticosnon
Kioskos balneariossi
Club náuticonon
Zona mergullonon
Porto deportivoPorto deportivo de Ortigueira
Distancia 4 km.



© CONCELLO DE ORTIGUEIRA