Concello de Ortigueira

Logotipo Concello de Ortigueira

Praias


  • Morouzos / Cabalar

    Tres quilómetros de area distinguidos coa Bandeira Azul Europea. Na parroquia de Luama.
  • A Concha

    Unha praia tranquila de area dourada, distinguida con Bandeira Azul. En Espasante.
  • Ladrido

    Unha pequena praia de area escura situada en Ladrido. A illa de San Vicente dálle a súa protección.
  • Orbeiro / Santa Cristina

    En Espasante, pequena cala dourada testemuño da nosa historia máis lonxana.
  • San Antón

    Medio quilómetro de area fina e branca bañada polas augas de Espasante.
  • Arxua

    Pequeno areal dourado, en Céltigos. Un promontorio rochoso sepárao de San Antón.
  • Bimbieiro

    Un regato provoca constantes variacións na súa forma. Sitúase na parroquia de Céltigos.
  • O Picón

    A parroquia de Loiba atesoura esta praia tranquila e solitaria. Ideal para a práctica do surf.
  • Fabrega e O Carro

    O mar e o vento baten esta praia de area fina. De acceso a pé, forma parte da costa de Loiba.
  • O Sarridal

    Acceso a pé para esta praia de Céltigos. Aberta ao mar e rodeada de impresionantes cantís.


© CONCELLO DE ORTIGUEIRA